XIII Sementeira e música 2019. Corzáns, Salvaterra do Miño

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Edita: Fundación Jorge Jove e Fundación do Campo Galego | Ano: 2019

Colabora: Asociación Cultural Quinta do Piñeiro y AGAMAC | Idioma: Galego

 

Nesta publicación recóllese o acontecido os días 11 e 12 de maio na sementeira organizada pola Asociación Cultural Quinta do Piñeiro e na ruta por terras de Salvaterra do Miño, de AGAMAC, Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica.

Ademais de mostrar o patrimonio que supón a nosa maquinaria agraria, mostramos o patrimonio artístico e cultural deste percorrido, así como o ecolóxico, paisaxístico e inmaterial.

A finalidade deste tipo de publicacións é poñer en valor o medio rural galego e o seu patrimonio.