Tractores na Néboa. 2a Ruta de Tractores Clásicos. Abadín – Mondoñedo – As San Lucas

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Edita: Fundación Jorge Jove e Fundación do Campo Galego | Ano: 2018

Colabora: AGAMAC | Idioma: Galego

 

O día 20 de outubro AGAMAC, Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, realizou a ruta que lle dá título a esta publicación e que recolle o acontecido por terras lucenses Abadín–Mondoñedo, incluída a festa As San Lucas.

Ademais de mostrar o patrimonio que supón a nosa maquinaria agraria, mostramos o patrimonio artístico e cultural deste percorrido, así como o ecolóxico, paisaxístico e inmaterial.

A finalidade deste tipo de publicacións é poñer en valor o medio rural galego e o seu patrimonio.