FIRMA CONVENIO FJJ-FCG 2021
O pasado 28 de novembro de 2021 ás 12 horas, na Universidade Politécnica de Lugo, Ángel Jove González, Presidente da Fundación Jorge Jove, e Luís Seoane Labandeira, Presidente da Fundación do Campo Galego, asinaron un convenio para a cesión, ata o 31 de decembro de 2040, dos seguintes tractores agrícolas de rodas:
- Deutz D 50
- Motrannsa Nuffield
- John Deere 515
- Taissar 580 B
Das diferentes salas expositivas do Museo do Campo, o material cedido atópase exposto na “sala da forraxe e o cereal”. A valoración actual dos bens cedidos establécese en 14.900 €. A Fundación Jorge Jove con este convenio de colaboración renova o seu compromiso coa consolidación do Museo do Campo Galego.
A Fundación Jorge Jove implicouse desde os seus comezos coa Fundación do Campo Galego, achegando na súa fundación 113.800 €.
Materializándose nun Barreiros R 545 e o Plan e proxecto Museístico. Ademais desta achega, Ángel Jove, Presidente da Fundación Jorge Jove, doou centos de obxectos para a totalidade das salas, en especial para a sala que mostra a evolución do Paleolítico ata a Idade Media.