1a Ruta de tractores clásicos Miño – Eo, Lugo

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Edita: Fundación Jorge Jove y Fundación do Campo Galego | Ano: 2017

Colabora: AGAMAC | Idioma: Galego

 

O 14 de maio AGAMAC, Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, realizou a ruta que lle dá título a esta publicación. Nela recollemos o acontecido nesta ruta por Lugo, e o nacemento do río Miño.

Ademais de mostrar o patrimonio que supón a nosa maquinaria agraria, mostramos o patrimonio artístico e cultural deste percorrido, así como o ecolóxico, paisaxístico e inmaterial.

A finalidade deste tipo de publicacións é poñer en valor o medio rural galego e o seu patrimonio.