Moto Soriano “La moto del marqués”
Multimillonario, aventureiro e visionario como poucos, así era Ricardo Soriano, segundo marqués de Ivanrey, quen tras a Guerra Civil, decidiu construír un pequeno vehículo de dúas rodas, a Soriano. Esta pequena moto alongada e non moi estética foi, con todo, a primeira que se produciu en serie en España e da que se chegaron a construír unhas 6.000 unidades. Unha delas forma parte da Fundación Jorge Jove e terá o seu sitio no futuro Museo da Automoción de Galicia.
- Lectura versión online en La Voz de Galicia facendo click aquí.
- Descarga en PDF dispoñible facendo click aquí.