MORETTI, «EL ARTE DE LA TRANSFORMACIÓN»

O pequeno construtor italiano de automóbiles foi un exemplo de resiliencia e capacidade de adaptarse aos tempos. Fabricou motocicletas, vehículos eléctricos, deportivos, utilitarios e ata modificacións estilísticas externas. Giovanni Moretti sobreviviu ata 1989 cun método de traballo case artesanal cando os seus homólogos desapareceran facía xa moito tempo.