COTA, «UN CLAN MUY SINGULAR»

En 1968, Montesa, a marca española de motocicletas, iniciou a produción dunha familia de motos de trial coa denominación Cota. Desde ese momento pasaría a ser sinónimo de fiabilidade, axilidade e equilibrio, calidades que enseguida a posicionaron na elite deportiva mundial. A 348 de 1976 destas páxinas, un das iconas dentro desta familia con máis de 30 modelos no seu haber, xa ten o seu lugar propio no futuro Museo da Automoción e Historia.