| ES | GA | EN |

Ford modelo T de Muros “El Ford T más gallego”

 

Esta unidade chegou a Muros en 1917 da man dunha familia de empresarios conserveiros, que o tivo en propiedade ata o 2005, ano en que foi rescatado pola Fundación Jorge Jove dunha das naves da centenaria conserveira Sel. A tan só uns metros do mar, o óxido e a corrosión, froito de anos de salitre e humidade, deterioraran todos os seus materiais.

Dodge de Normandía “Un soldado de hierro en Normandía”

 

En 1990, este todoterreo americano xacía inerme á intemperie nos arredores de Almería, no sur de España. Ninguén podía imaxinar que aquel vehículo oxidado e pintado de vermello chillón fora testemuña dunha das maiores ofensivas aliadas da segunda Guerra Mundial. Salvado dunha morte segura pola Fundación Jorge Jove hoxe, xa restaurado, volve pisar coa mesma forza que en 1944.

Mercedes Adenauer “Al servicio de su Majestad”

 

Elegante, exquisito e silencioso. Así era o Mercedes 300. Nacido en 1951, definía o concepto ” Grand Mercedes”, termo que reunía o máximo en refinamento automotriz. Supuxo, tras a segunda guerra mundial, a continuación dos automóbiles como imaxe de distinción. Unha peza exclusiva da que a Fundación Jorge Jove posúe unha unidade e que se exhibirá no futuro Museo da Automoción.

Hispano Suiza camión cisterna 1927 “Los chicos duros de la carretera”

 

Este Hispano Suíza é unha das poucas unidades sobreviventes que formaron parte da maquinaria do primeiro gran plan de modernización das estradas españolas realizado entre 1926 e 1936. Este camión cisterna formaba parte dun pedido de varios centenares realizado polo Ministerio de Fomento da época, para acometer as obras. Hoxe en día permanece nos almacéns da Fundación Jorge Jove para converterse nunha peza máis do futuro Museo da Automoción de Galicia.

Delage Type G 1907 “El bisabuelo de los Grand Prix”

 

Deste Delage tipo G construíronse tres unidades para a carreira París – Marsella, celebrada en 1907. Naquel gran premio, unha unidade quedaba esnaquizada tras saírse da pista. En 1945, outra desaparecería tras un bombardeo alemán. Con todo, a última unidade aínda vive e forma parte da colección da Fundación Jorge Jove. Representa un exemplo único dos antepasados da Fórmula 1.