| ES | GA | EN |

BUICK 1925, funcionamiento de un vehículo de los años 20 a través de la recuperación de un Buick Sport Touring 25-55

 

Autor: Ángel Jove González | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2011 | Colabora: ANJOCA | Idioma: Español

 

Esta publicación mostra, a través do proceso íntegro de restauración do Buick Sport Touring 25-55, a súa posta en marcha, o seu mantemento e como funcionan todos e cada un dos elementos que compoñen un automóbil de mediados dos anos 20.

GUÍA PARA EL USO DEL JURADO, Concursos de elegancia, autenticidad y conservación de vehículos históricos

 

Autor: Fundación Jorge Jove | Ilustrador: Carlos Taboada | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2009

Colabora: Xunta de Galicia | Idioma: Español y gallego

 

Esta publicación recompila información de diferentes guías desta tipoloxía de eventos coa finalidade de tratar de minimizar, na medida do posible, a subxectividade á hora de valorar os participantes.

A súa distribución realizouse  en diferentes países europeos, en América do Sur e a todos os afiliados da Federación Española de Vehículos Antigos, en colaboración con FEVA.

Esta obra obtivo un recoñecemento nacional pola FEVA, que en representación da Fundación, foi entregado a Elba Iglesias Jove nun acto celebrado en Madrid en 2010.

ANJOCA WORLD CARS 1886-1936, 5 décadas de la evolución del automóbil

 

Autores: Manuel Lage Marco e Ángel Jove González | Edita: Fundación Jorge Jove | Ano: 2007

Colabora: ANJOCA | Idioma: Español

 

Esta publicación reúne unha coidada selección de 32 pezas que mostran fielmente a evolución do automóbil de combustión interna desde o primeiro en 1886 ata o ano 1936 .

O libro é resultado da exposición realizada pola Fundación Jorge Jove, en colaboración co Concello de Sanxenxo e o Real Club Náutico de Sanxenxo, os días 19 ao 23 de setembro de 2007 en Sanxenxo (Pontevedra, Galicia).

Trabant P601 «El Superviviente Del Este»

 

Convertido en símbolo da Alemaña comunista, este pequeno utilitario xurdiu dun goberno opresivo co que mobilizou e á vez castigou a unha sociedade carente de liberdade. Nacido en 1964, sobreviviu case sen cambios ata a súa desaparición en 1991.  A Fundación Jorge Jove non se esqueceu deste pequeno sobrevivente que nun futuro terá o seu lugar no Museo da Automoción.

Pegaso Z – 203 I “Dos símbolos con el mismo rostro”

Alcumado cariñosamente ” mofletes” polo seu rostro bombeado, supuxo o último produto de Hispano Suíza pero, á vez o primeiro da nova marca que absorbía esta, Pegaso. Un vehículo que foi bisagra entre as dúas marcas españolas máis icónicas do século XX. Esta unidade, da Fundació n Jorge Jove, é o Pegaso 1 do que apenas se constrúen 100 unidades en 1946.