BISCUTER «EL PEQUEÑO GIGANTE»

A pesar de que parecía de xoguete, o Biscúter revolucionou o mercado español na década dos 50. O seu deseño naceu da man dun dos grandes xenios construtores de automóbiles de luxo francés, Gabriel Voisin. Todo un contraste para un coche que nacía en plena autarquía e que chegou a converterse nunha icona daquela época.